Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

MOMENTO DO LANZAMENTO

Aquí vos deixamos un vídeo onde podedes ver o momento do lanzamento. Momento maravilloso. Moitas grazas a todos os que viñestes a acompañarnos neste momento. Moitas grazas tamén a todos os que, aínda que non estivestes con nós presencialmente, nos enviastes mensaxes para lanzar ao espazo. Grazas aos centros educativos da zona do Val Miñor, a Delta Vigo e ao Concello de Nigrán. E como non, dar as grazas á Comunidade de Montes de Chandebrito. Grazas por presenciar este momento dende un sitio tan importante como é O Bosque da Memoria, en Chandebrito, zona cero dos lumes que asolagaron a zona en outubro do 2017.  En canto teñamos novas, irémosvos contando. Agora imos a repoñer forzas para saír na procura da caixa. Rumbo a Portugal.

CHEGOU O DÍA

Imagen
Por fin chegou o tan esperado día. Levamos dende as 10.00 da mañá no punto do lanzamento, no Bosque da Memoria, en Chandebrito.

SIMULACIÓN TRAXECTORIA 22 DE MAIO

Imagen
A 24 horas do gran lanzamento dende Chandebrito.... seguimos por terras portuguesas.

O NOSO LOGO

Imagen

TRÍPTICO INFORMATIVO

Imagen

23M-DIA DO LANZAMENTO

Imagen
24 HORAS PARA O LANZAMENTO Queda un día para o gran evento. No CEE de Panxón estamos ultimando os preparativos para que nada falle.Agardámosvos mañá ás 11:30 no monte de Chandebrito.Velaquí unhas imaxes dos últimos preparativos. Manuel Maquieira e Facundo montando a sonda Manuel Tejo a voltas cos trípticos  Cámaras preparadas  Iago actualizando o noso blog  E para que precisaremos mantas? Non é para o frío 

SIMULACIÓN TRAXECTORIA A 20 DE MAIO

Imagen
O modelo de predición da traxectoria continúa levándonos a nosa sonda cara  ao sudeste, desta vez máis ao sur da  Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Xurés ,  en terras lusas, preto da localidade de Salamonde, na beira do río Cávado, nun voo de aproximadamente 2 horas e 24 minutos, percorrendo unha distancia de 76,8 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando na vertical preto da localidade lusa de Arcos de Valdevez. Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 19 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma

SIMULACIÓN TRAXECTORIA A 19 DE MAIO

Imagen
NOVIDADES RESPECTO DAS PREDICIÓNS PREVIAS!!: http://predict.habhub.org/ Achegámonos ao día do lanzamento, e o modelo de predición da traxectoria hoxe amósanos un cambio notable, posiblemente motivado pola variabilidade dos ventos nesta época do ano. Seguiremos atentos nos vindeiros días,  a simulación de hoxe levanos a nosa sonda esta vez cara ao sudeste, chegando a aterrizar na Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Xurés , en terras do país veciño Portugal , nun voo de aproximadamente 2 horas e 25 minutos, percorrendo unha distancia de 77,9 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando aproximadamente na vertical da localidade lusa de Gavieira. Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 19 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma

SIMULACIÓN TRAXECTORIA A 18 DE MAIO

Imagen
Os nosos simuladores a día de hoxe 18 de maio, dannos a seguinte predición de voo da nosa sonda para o día 23 de maio: http://predict.habhub.org/ A simulación de hoxe levaría a nosa sonda na mesma dirección que calculou o día de onte, pero esta vez viaxaría un pouco máis ao nordeste, chegando a aterrizar na Serra do Caurel, un dos límites da nosa comunidade galega, nun voo de aproximadamente 2 horas e 25 minutos, percorrendo unha distancia de 138,4 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando na vertical da comarca dos Peares. Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 18 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma.

SIMULACIÓN TRAXECTORIA A 17 DE MAIO

Imagen
Os nosos simuladores a día de hoxe 17 de maio,  dannos a seguinte predición de voo da nosa sonda para o día 23 de maio: http://predict.habhub.org/ Como podemos observar, a posible traxectoria da viaxe  levaríanos á comarca de Lemos, entre Belesar e Monforte, nun voo de aproximadamente 2 horas e 24 minutos, percorrendo unha distancia de 101 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando na vertical de Leiro. Indicamos que isto é unha simulación feita hoxe, non é definitiva, e pode variar, polo que iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

COMEZA O TRABALLO

Imagen
Añadir leyenda Despois de investigar, puxémonos a traballar:  montamos a caixa, compramos os compoñentes,  fixemos unha campaña publicitaria, localizamos o sitio do lanzamento e desprazámonos ata alí para exploralo.

INVESTIGAMOS

Imagen
Para obter información sobre como lanzar o noso globo fixémoslle unha entrevista a David Ballesteros un científico que nos axudou moito. A continuación deixámosvos o enlace da súa interesante entrevista. ENTREVISTA A DAVID BALLESTEROS

OS COMEZOS

Imagen
A comezos deste ano 2019, na clase de ciencias o noso profesor Óscar Prego ensinounos un vídeo sobre o lanzamento dun globo sonda ao espazo.   Vídeo universidade de Barcelos E lanzounos un reto: poderiamos facer nós o mesmo?