Os nosos simuladores a día de hoxe 18 de maio, dannos a seguinte predición de voo da nosa sonda para o día 23 de maio: http://predict.habhub.org/ A simulación de hoxe levaría a nosa sonda na mesma dirección que calculou o día de onte, pero esta vez viaxaría un pouco máis ao nordeste, chegando a aterrizar na Serra do Caurel, un dos límites da nosa comunidade galega, nun voo de aproximadamente 2 horas e 25 minutos, percorrendo unha distancia de 138,4 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando na vertical da comarca dos Peares. Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 18 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma.
NOVIDADES RESPECTO DAS PREDICIÓNS PREVIAS!!: http://predict.habhub.org/ Achegámonos ao día do lanzamento, e o modelo de predición da traxectoria hoxe amósanos un cambio notable, posiblemente motivado pola variabilidade dos ventos nesta época do ano. Seguiremos atentos nos vindeiros días, a simulación de hoxe levanos a nosa sonda esta vez cara ao sudeste, chegando a aterrizar na Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Xurés , en terras do país veciño Portugal , nun voo de aproximadamente 2 horas e 25 minutos, percorrendo unha distancia de 77,9 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando aproximadamente na vertical da localidade lusa de Gavieira. Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 19 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma
Comentarios
Publicar un comentario