O modelo de predición da traxectoria continúa levándonos a nosa sonda cara ao sudeste, desta vez máis ao sur da Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Xurés , en terras lusas, preto da localidade de Salamonde, na beira do río Cávado, nun voo de aproximadamente 2 horas e 24 minutos, percorrendo unha distancia de 76,8 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando na vertical preto da localidade lusa de Arcos de Valdevez. Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 19 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma
Comentarios
Publicar un comentario