MOMENTO DO LANZAMENTO

Aquí vos deixamos un vídeo onde podedes ver o momento do lanzamento. Momento maravilloso. Moitas grazas a todos os que viñestes a acompañarnos neste momento. Moitas grazas tamén a todos os que, aínda que non estivestes con nós presencialmente, nos enviastes mensaxes para lanzar ao espazo.
Grazas aos centros educativos da zona do Val Miñor, a Delta Vigo e ao Concello de Nigrán. E como non, dar as grazas á Comunidade de Montes de Chandebrito. Grazas por presenciar este momento dende un sitio tan importante como é O Bosque da Memoria, en Chandebrito, zona cero dos lumes que asolagaron a zona en outubro do 2017. 
En canto teñamos novas, irémosvos contando. Agora imos a repoñer forzas para saír na procura da caixa. Rumbo a Portugal.

Comentarios

Entradas populares de este blog

23M-DIA DO LANZAMENTO