SIMULACIÓN TRAXECTORIA A 19 DE MAIO
NOVIDADES RESPECTO DAS PREDICIÓNS PREVIAS!!:
Achegámonos ao día do lanzamento, e o modelo de predición da traxectoria hoxe amósanos un cambio notable, posiblemente motivado pola variabilidade dos ventos nesta época do ano. Seguiremos atentos nos vindeiros días, a simulación de hoxe levanos a nosa sonda esta vez cara ao sudeste, chegando a aterrizar na Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Xurés, en terras do país veciño Portugal, nun voo de aproximadamente 2 horas e 25 minutos, percorrendo unha distancia de 77,9 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando aproximadamente na vertical da localidade lusa de Gavieira.
Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 19 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma
Comentarios
Publicar un comentario