SIMULACIÓN TRAXECTORIA A 20 DE MAIO
O modelo de predición da traxectoria continúa levándonos a nosa sonda cara ao sudeste, desta vez máis ao sur da Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Xurés, en terras lusas, preto da localidade de Salamonde, na beira do río Cávado, nun voo de aproximadamente 2 horas e 24 minutos, percorrendo unha distancia de 76,8 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando na vertical preto da localidade lusa de Arcos de Valdevez.
Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 19 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma
Comentarios
Publicar un comentario