SIMULACIÓN TRAXECTORIA A 18 DE MAIO

Os nosos simuladores a día de hoxe 18 de maio, dannos a seguinte predición de voo da nosa sonda para o día 23 de maio:

http://predict.habhub.org/

A simulación de hoxe levaría a nosa sonda na mesma dirección que calculou o día de onte, pero esta vez viaxaría un pouco máis ao nordeste, chegando a aterrizar na Serra do Caurel, un dos límites da nosa comunidade galega, nun voo de aproximadamente 2 horas e 25 minutos, percorrendo unha distancia de 138,4 km, chegando a unha altitude sobre a superficie terrestre de aproximadamente 30000, estoupando na vertical da comarca dos Peares.
Indicamos que isto é unha simulación feita a día de hoxe 18 de maio, que non é definitiva, e pode variar, e desde aquí iremos informando puntualmente ata o mesmo día do lanzamento das variacións que pode sufrir a mesma.

Comentarios

Entradas populares de este blog

23M-DIA DO LANZAMENTO

MOMENTO DO LANZAMENTO

SIMULACIÓN TRAXECTORIA A 20 DE MAIO